Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Polo Concello Pleno, en sesión celebrada o día 13 de setembro de 2001, aprobouse o expediente de contratación, por medio de poxa e procedemento aberto, para o alleamento da parcela Z-1.2 sita no ámbito do proxecto de compensación de Arenaza-Iñas, así como o prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a devandita licitación; sendo as súas características, as seguintes:

Parcela Z.1.2.-Terreo de 537,50 m. Uso: 1 vivenda familiar illada cunha edificación de 350,00 m que linda ó norte con Z-5B., ó sur e leste, co límite propiedade, e ó oeste con estrada a Cambre. Libre de cargas e gravamens. Procede do proxecto de compensación elevado ó público o día 23-9-1993, ante o notario Ramón González Gómez, nº 2765/1993. A edificación deberá axustarse ás características e parámetros establecidos no Plan parcial SUNP A-37, aprobado pola CPU o día 27 de novembro de 1991, figurando a ordenanza como anexo ós pregos de cláusulas administrativas particulars.

Tipo de licitación: 10.500.000 pesetas (máis 16% IVE), 63.106,27 euros.

Taxas: 10.600 pesetas (63,71 euros).

Fianza: 210.000 pesetas (1.262,13 euros).

Presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, no último diario ou boletín.

O modelo de proposición e documentación que hai que presentar, é o que figura nos pregos de cláusulas administrativas particulares, que se poderán recoller na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, sito no primeiro andar, de 9 a 13 horas.

Oleiros, 24 de setembro de 2001.

Alfredo Novoa Gil

Alcalde en funcións