Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

No BOP número 198, do 15 de outubro de 2001, páxinas 21 á 33, publícanse as bases para a selección de persoal neste concello, que foron aprobadas pola Comisión de Goberno o día 11 de setembro pasado, que a seguir se relacionan:

1 praza de auxiliar administrativo, vacante no cadro de persoal funcionario.

2 prazas de garda da policía local, vacantes no cadro de persoal funcionario.

1 praza de coordinador/a de oficina de información xuvenil e conservatorio de música, vacantes no cadro de persoal laboral.

1 praza de educador/a familiar (a tempo parcial) vacante no cadro de persoal laboral.

Prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturais contados a partir da aparición do anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no taboleiro de edictos do concello.

Gondomar, 22 de outubro de 2001.

O alcalde

Rubricado