Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2001, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña), pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente SG-OR-PA-CP 2/2001.

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e para cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria, rúa Xeneral Sir John Moore, nº 2, 15001 A Coruña.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de aparellos e dispositivos.

c) Lotes: catro.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 145, do 27 de xullo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 14.544.000 pesetas.

5. Adxudicación: 4 de outubro de 2001.

Lote 1: 6 autoclaves.

Orzamento base de licitación 2.700.000 pesetas.

Contratista: Lindent, S.L.

Total adxudicado: 2.439.600 pesetas, equivalentes a 14.662,91 euros.

Lote 2: 4 desfibriladores.

Orzamento base de licitación 2.344.000 pesetas.

Contratista: Galmedica, S.L.

Total adxudicado: 2.344.000 pesetas, equivalentes a 14.087,72 euros.

Lote 3: 1 ecógrafo.

Orzamento base de licitación 4.500.000 pesetas.

Contratista: Siemens, S.A.

Total adxudicado: 4.464.967 pesetas, equivalentes a 26.834,99 euros.

Lote 4: 10 electrocardiógrafos.

Orzamento base de licitación 5.000.000 de pesetas.

Contratista: Galmedica, S.L.

Total adxudicado: 5.000.000 de pesetas, equivalentes a 30.050,61 euros.

A Coruña, 4 de outubro de 2001.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol