Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, do servicio consistente na limpeza e desinfección do Laboratorio de Sanidade e Producción Animal.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: limpeza e desinfección do Laboratorio de Sanidade e Producción Animal, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: un só lote.

c) Lugar de execución: o que determine a Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

d) Prazo de execución: ata o 30 de novembro do 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 40.000.000 de pesetas/240.404,84 euros.

2001: 15.000.000 de pesetas/90.151,82 euros.

2002: 12.500.000 pesetas/75.126,51 euros.

2003: 12.500.000 pesetas/75.126,51 euros.

5. Garantías:

Provisional: 800.000 pesetas/4.808,10 euros.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 47 77.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo III. Subgrupo 6. Categoría A.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará ós oito días naturais, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Posibilidade de variantes:

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería o terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios:

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 12-1-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria