Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 19 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre pensións non contributivas da Seguridade Social relacionadas no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó ser devolta polo servicio de correos a resolución enviada no seu día, requírense os citados no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Vigo (Pontevedra), para teren coñecemento das devanditas resolucións, advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados cos efectos que correspondan.

Vigo, 19 de outubro de 2001.

P.A.

(Artigo 16.2º, Decreto 198/1994, do 16 de xuño)

Isabel Cerqueira Ozores

Secretaria provincial da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais en Vigo (Pontevedra)

ANEXO

Apelidos e nomeDNINotificaciónImporte

Álvarez Bastos, Ángela35815610Reiteración de petición de documentación.0 ptas.

Méndez Negro, María Lidia76785051Petición de documentación. Datos complementarios.0 ptas.

Barreiro Doval, María Pilar35943787Reiteración de petición de documentación.0 ptas.

Acevedo Casal, David36147002Notificación de citación para o recoñecemento e valoración da minusvalidez.0 ptas.

Barros Conde, María Soledad35555184Notificación de resolución de denegación de pensión non contributiva de invalidez.0 ptas.

De la Fuente González, Juan35415044Resolución de extinción da pensión non contributiva de invalidez.0 ptas.