Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 11 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, sobre o permiso de investigación Caeiro 7017.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña fai saber que, por Resolución do 11 de outubro de 2001, outorgouse o permiso de investigación Caeiro 7017 para recursos da sección C, de 7 cuadrículas mineiras, no termo municipal de Padrón, na provincia da Coruña.

O que se fai público para o xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

A Coruña, 11 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña