Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 10 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude dun aproveitamento das augas mineromedicinais dos mananciais denominados A Veiga 1 número 46 e A Veiga 2 número 47, no termo municipal da Arnoia (Ourense).

A Delegación Provincial de Ourense pon en coñecemento que a Sociedade Balnearios de Arnoia, S.L. solicitou o aproveitamento das augas mineromedicinais dos manaciais denominados A Veiga 1 nº 46 e A Veiga 2 nº 47, sitos nos municipios da Arnoia, Ribadavia, Melón e Cortegada (Ourense), cun perímetro de protección, para a zona más ampla, que vén determinada pola unión dos seguintes vértices expresados en coordenadas xeográficas:

VérticeX Y

18º 10' 20.73''42º 16' 14.44''

28º 9' 29.4''42º 17' 0.04''

38º 8' 12.83''42º 16' 46.67''

48º 7' 38.1''42º 16' 13.07''

58º 7' 30.98''42º 15' 7.04''

68º 9' 20.04''42º 14' 20.53''

As actividades que se pretenden levar a cabo nas súas respectivas zonas perimetrais quedarán suxeitas ás limitacións que se establecen no Decreto 116/2001, do 10 de maio (DOG do 28 de maio).

O que se fai público para que os interesados e, en particular, os propietarios de terreos, bens ou dereitos comprendidos no perímetro, poidan alegar ante esta delegación provincial canto conveña ós seus dereitos interesados no prazo de quince días.

Ourense, 10 de setembro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense