Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/299-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, of. 2, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. Entenza, 4.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, sobre un apoio de formigón, cunha lonxitude de 20 m, desde a L.M.T. existente ata o C.T. que se proxecta en Entenza-4, concello de Salceda de Caselas. C.T. de 100 kVA (cambio de localización), relación de transformación 20 kV/230-398 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 31 de agosto de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra