Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/361-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e c. distribución en parcela 54, polígono A Granxa.

Situación: concello do Porriño.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 252 m de lonxitude, desde a liña ATI 702 entre os CC.TT. Dalphi Metal e Ferroplast, alimentando en bucle o centro de distribución que se proxecta na parcela 54 do polígono A Granxa, no concello do Porriño, rematando no punto de inicio da liña. Centro de distribución cun conxunto de celas compactas SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 8 de outubro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra