Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. r/ Aragón 211, r/ Bailén 4-6-8.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 180 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña TRO 7.14, á altura da encrucillada das rúas Aragón e Bailén, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa Bailén 4-6-8, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 8 de outubro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra