Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/359-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e c. seccionamento na rúa nº 1 do polígono de Botos.

Situación: concello de Lalín.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 3 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde o apoio nº 35 da L.M.T. Botos-Silleda, no entrocamento da derivación ó C.T. Iberconsa ata o centro de seccionamento que se proxecta na rúa nº 1 do polígono de Botos, no concello de Lalín, rematando no punto de inicio da liña. Centro de seccionamento con tres liñas de manobra exterior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 8 de outubro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra