Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: modificación liña en Agrelo.
Situación: concello de Bueu.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 420 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Bueu, desde a derivación ó C.T. Cela-A Torre ata a derivación ó C.T. Agrelo, no concello de Bueu.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 8 de outubro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra