Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.024

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALLEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica anuncia a convocatoria pública do seguinte posto vacante, de acordo ás seguintes bases:

Un ATS medicina nuclear. Ref.: 01/08.

Título homologado de ATS/DUE.

Licenciado de operador de instalacións radiactivas e/ou curso de capacitación de instalacións nucleares.

Experiencia en unidades de medicina nuclear.

Procedemento de selección: baremo do currÍculum (55%), exame tipo test teórico-práctico relacionado coa especialidade (25%) e entrevista persoal (20%).

Presentación de solicitudes:

Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currÍculo, sinalado a referencia que se indica, no prazo improrrogable de quince días naturais contados desde o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a: Instituto Galego de Medicina Técnica, praza de Europa, 5A, 6º B (15703 Santiago de Compostela).

Deberá presentarse copia compulsada dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos e do título mínimo esixido.

Inicio das probas:

As probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

Julio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego

de Medicina Técnica, S.A.