Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.023

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO PARA O SERVICIO CONTRA INCENDIOS E DE SALVAMENTO DA COMARCA DE VERÍN

EDICTO para convocatoria de concurso de subministración de varios vehículos para o Consorcio contra Incendios e de Salvamento da Comarca de Verín.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio para o Servicio contra Incendios e de Salvamento da Comarca de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto:

Lote un: 1 vehículo contra incendios autoescada, 57.000.000 de pesetas (342.576,89 euros).

Lote dous: 1 vehículo contra incendios de 1ª intervención 4x4; 1 vehículo contra incendios autobomba urbana lixeiro; 1 vehículo contra incendios autobomba nutriz lixeiro, 60.000.000 de pesetas, equivalentes a 360.607,26 euros.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 117.000.000 de pesetas.

Lote un: 57.000.000 de pesetas (342.576,89 euros).

Lote dous: 60.000.000 de pesetas (360.607,26 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento establecido como base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consorcio para o Servicio contra Incendios e de Salvamento da Comarca de Verín.

b) Domicilio: praza do Concello, 1.

c) Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Teléfono: 988 41 46 00.

e) Fax: 988 41 19 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día 28 de decembro de 2001.

7. Requisitos do contratista.

Non se esixen.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o día 28 de decembro de 2001.

b) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das que se concorra á contratación que se convoca presentaranse conforme o establecido na cláusula décimo primeira das administrativas particulares que rexen a contratación.

c) Lugar de presentación: mesmos datos do punto 6.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses a partir da data da apertura das ofertas.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o día 29 de decembro de 2001.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base quinta das da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: 7-9-2001.

c) Consulta de documentación: secretaría do consorcio.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó DOCE: 6 de novembro de 2001.

Verín, 9 de novembro de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Presidente do Consorcio para o Servicio contra Incendios e de Salvamento da Comarca de Verín