Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.024

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALLEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO para o arrendamento dun vehículo.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado en contrata-lo arrendamento dun vehículo tipo turismo na modalidade sen conductor.

Nº expediente: CTRL/007/01.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do Instituto, praza Europa 5A-6º B Área Central As Fontiñas 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos quince días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica, teléfono 981 57 76 50.

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) e nº 3 (proposición económica) abriranse o 14 do decembro ás 12.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2001.

Xulio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.