Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.009

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4913/2001).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no dia da data, por esta sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Ramón de Uña Piñeiro, en nome e representación de Fernando Penas Truque, contra Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia (Diario Oficial de Galicia do 28-6-2001), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Recurso número: 02/0004913/2001.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 30 de outubro de 2001.

Isabel Freire Corzo

Secretaria