Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 15.008

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2001 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación, a Fernando Tellado González (praza 53/2000).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 20 de novembro de 2000 (BOE do 9 de decembro), para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxia evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación, a prol de Fernando Tellado González, con documento nacional de identidade número 32748908-J, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Fernando Tellado González profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da comunicación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso, non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 29 de outubro de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo