Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 14.997

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004978/2001 interposto pola Confraría de Pescadores San Telmo de Mugardos.

A Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 02/0004978/2001 interposto pola Confraría de Pescadores San Telmo de Mugardos contra a circular da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 11 de outubro de 2001, pola que se procede á interpretación do artigo 21 do Decreto 79/1998, do 12 de febreiro, que regula a estructura, organización e funcionamento das Confrarías de Pescadores de Galicia (DOG nº 200, do 16 de outubro de 2001).

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2001.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura