Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 14.996

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 293/2001, do 8 de novembro, polo que se acepta un legado en favor do Hospital Comarcal de Monforte.

Sergio Losada Rodríguez lega a cantidade de 1.000.000 de pesetas en favor do Hospital Comarcal de Monforte.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de novembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase o legado da cantidade de 1.000.000 de pesetas de Sergio Losada Rodríguez.

Artigo 2º

A devandita cantidade acéptase segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinarase ó Hospital Comarcal de Monforte, de acordo coa vontade do testador.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, oito de novembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

e presidente do Sergas