Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 14.996

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato convocados pola Orde do 4 de maio de 2001.

A Orde do 4 de maio de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 31 de maio), pola que se convocaban os premios extraordinarios das modalidades de bacharelato, regulado pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, correspondentes ó curso 2000/2001, establecía no seu artigo oitavo 2 que, de acordo coa proposta feita polo tribunal encargado de supervisar e avalia-las probas do premio extraordinario de bacharelato, o director xeral de Centros e Inspección Educativa concedería os premios extraordinarios de bacharelato.

Unha vez realizadas as citadas probas, publicada a acta provisional coas cualificacións obtidas polos candidatos e unha vez resoltas as reclamacións presentadas e vista a acta coa proposta definitiva de

adxudicación dos premios extraordinarios, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-lo premio extraordinario das modalidades de bacharelato, regulado pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, correspondente ó curso 2000-2001, ós alumnos:

Laura Rouco Martínez, do IES de Sar (Santiago de Compostela).

Francisco Javier Fernández-Rial Portela, do IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela).

Lorena Domínguez Mallo, do IES de Sar (Santiago de Compostela).

Segundo.-Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese recorrer, mediante recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o director xeral de Centros e Inspección Educativa, ou impugnar, mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da data da súa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2001.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa