Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 22 de novembro de 2001 Páx. 14.995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2001, conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Medio Ambiente, pola que se adxudican as prórrogas das bolsas para a incorporación de titulados superiores ó Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, correspondentes ó Programa de Medio Ambiente do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas no anexo IV da Orde do 9 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 77, do 20 de abril).

A orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Medio Ambiente do 9 de abril de 2001 (DOG do 20 de abril) aprobaba as bases que rexerán, entre outras, a convocatoria de prórrogas das bolsas para a incorporación de titulados superiores ó Centro de Investigacións Forestais de Lourizán (anexo IV), correspondente ó Programa de Medio Ambiente do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Na súa virtude, atendendo a proposta elaborada pola comisión de selección prevista no punto 7 das bases da convocatoria,

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Concederlles prórrogas das bolsas para a incorporación de titulados superiores ó Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, ás persoas que se relacionan no anexo da presente resolución.

Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 9 de abril de 2001 (DOG do 20 de abril), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Terceiro.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 9-4-2001,P.D. (Orde 9-4-2001,

DOG do 20 de abril)DOG do 20 de abril)

Miguel A. Ríos FernándezJuan J. Casares Long

Secretario xeral de InvestigaciónDirector xeral do Centro de Información

e Desenvolvementoe Tecnoloxía Ambiental

ANEXO

ApelidosNomeDNI

Núñez CastroMª del Mar33334148-H

Sánchez-Biezma SerranoMª José33267446-Q

Durán CarrilMª Victoria35453291-X

Ortega MeneLuis Esteban32829233-E

Calvo PolancoMónica09337767-C