Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da UE 5-A/B do PERI IV-05 travesía de Vigo-Aragón. (Expediente 4222/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 20 de setembro de 2001, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da UE, 5-A/B do PERI IV-05 travesía de Vigo-Aragón, presentado pola xunta de compensación do devandito polígono con memoria e planos asinados polo arquitecto José M. Alonso Ogando, visados polo COAG no 10-5-2000, 21-8-2001, e con estudio de seguridade e saúde redactado por Jesús de la Iglesia Santos, visado polo Colexio de Aparelladores o 8-5-2001.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, por medio do presente anuncio, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

CFontra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un dos seguintes recursos:

a. Recurso potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b. Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo trancurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

Vigo, 10 de outubro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo