Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 30 de novembro de 2000, aprobou definitivamente a modificación do Plan especial de ordenación do Campus Universitario (PE-8), promovida pola Universidade de Santiago de Compostela.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 238, do día 17 de outubro de 2001, o texto íntegro da normativa urbanística do plan especial definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo