Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (293/2001).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada con data do 2 de agosto de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da zona 3 do SU-17 de rúa de nova apertura e rúa Pena Nofre. do PXOU de Ourense, por instancia de Manuel Cruz Rodríguez en representación da Promotora CMT, S.L., coas condicións técnicas fixadas polo Servicio de Enxeñería, Servicio Eléctrico, e da enxeñeira municipal da Concellería de Medio

Ambiente, e logo de constitución de garantía para a execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo a da edificación na cantidade de 19.890.000 pesetas.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 17 de outubro de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente