Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle na estrada de Camposancos. (Expediente 7076/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesió do 11 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle da estrada de Camposancos (Santo André de Comesaña), sobre o polígono sito detrás da estación de servicio San Andrés Park, segundo proxecto e planos redactados polo arquitecto Xosé A. Comesaña García, visado polo COAG con datas do 15-6-2001 e 27-9-2001 (expediente 7076/411).

Segundo.-Someter este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, con notificación individualizada ós propietarios do ámbito e demais interesados, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (LRXA-PAC).

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contados desde o último anuncio: A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da Xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 26 de outubro de 2001.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo