Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 10 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución do expediente sancionador 12/2001 a Piedad Parga Vázquez.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 12/2001, seguido de oficio, contra Piedad Parga Vázquez, finalizando este trámite con proposta de resolución de expediente sancionador por incumpri-la obriga de destina-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente e destinala a alugamento.

O citado acordo é do seguinte teor:

Proposta de resolución do expediente sancionador 12/2001.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo contra Piedad Parga Vázquez, adxudicataria da vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-89/010, conta 9 e unha vez terminadas estas, e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

1. Con datas do 13 de marzo de 2001, realizouse visita de inspección á vivenda 3º A do edificio nº 21 da rúa Aquilino Iglesia Alvariño de Lugo, acollido ó réxime de vivendas de promoción pública baixo o número LU-89/010, resultando de la que na vivenda non reside a propietaria Piedad Parga Vázquez e na que vive Begoña Gómez en réxime de alugamento.

2. O artigo 5, epígrafe b) e c), da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que a dedicación das vivendas de protección oficial a usos non autorizados ou a alteración do réxime de uso delas, establecido na cédula de cualificación definitiva e o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses, constitúe unha infracción grave.

3. Que con data 8 de xuño de 2001 acórdase o inicio de expediente sancionador 12/2001 a Pilar Parga Vázquez por incumpri-la obriga de destina-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente. O acordo foi comunicado á denunciada mediante publicación no Diario Oficial de Galicia do 22 de agosto de 2001.

4. Que o 6 de setembro de 2001 preséntase escrito de alegacións por parte da denunciada co seguinte contido:

«1. Debido a que a susodita facía a declaración da renda coa súa filla Elena Márquez Parga incluso antes de solicita-la dita vivenda, xa que ó ser maior de 70 anos desgraváballes Facenda e no seu momento nin ela, ni a súa familia pensou que o cambio de residencia tiña importancia.

2. A dita vivenda foille concedida pouco despois do falecemento do seu esposo e a propietaria do piso non se recuperou deste feito debido a fortes depresións e outras causas, deteriorándose a súa saúde ata o punto de non poder vivir soa, sendo máis fácil trasladar unha persoa a outra casa que non a unha familia enteira.

En canto ó feito de ter inquilinos no dito piso, non existe tal. Se é certo de que a casa estivo ocupada certo tempo por un compañeiro de traballo da súa filla mentres non lle daban o traslado, non recibindo mensualidade ningunha por este feito, considerado como un favor persoal, eso si, facéndose cargo do seu consumo persoal de luz, auga e comunidade».

Feitos probados:

Determínase, así, como feito probado que Piedad Parga Vázquez non incumpriu a obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente.

Fundamentos de dereito:

1. É competente para dicta-la resolución deste expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu una axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses e, en tal sentido o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda define no seu artigo 3 que se entende por domicilio habitual e permanente, e del despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e doutro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena industria

doméstica, anque sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Considérase probado que Piedad Parga Vázquez non incumpriu a obriga de residencia habitual e permanente da vivenda, polo que non procede a imputación de infracción ningunha e consecuentemente das sanciones previstas na Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

PROPÓN:

O sobresemento do expediente sancionador e o arquivo das actuacións.

Notifíquese esta proposta de resolución ó interesado coa indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

poderá presentar alegacións, no prazo de quince días, ó termo dos cales pola delegación do IGVS dictarase a resolución que corresponda.

Lugo, 10 de setembro de 2001.

Francisco Centeno Márquez

Instructor