Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 21 de novembro de 2001 Páx. 14.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2001, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación urxente (anticipada), concurso público para a contratación do expediente 1/2002.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións (Unidade de Contratación).

b) Número de expediente: C.P. 1/2002 (subministración).

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: C.P. 1/2002. Subministración de subscricións de publicacións periódicas da bilblioteca do complexo hospitalario.

b) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado.

c) Lugar de entrega: na biblioteca do complexo hospitalario; estrada de San Pedro, s/n, en Ferrol.

d) Prazo de entrega: ve-lo punto 7.2 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

C.P. 1/2002. 13.958.773 pesetas (83.893,92 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote ó que se concorre (ve-la folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares).

Definitiva: 4% do importe de adxudicación (ve-la folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares).

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos; estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono 981 33 45 14. Fax 981 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados nos anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo límite de presentación: antes das 14 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no punto 5 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1. Rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

9. Apertura das proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Trans

corridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibida a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 13 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Ferrol, 13 de novembro de 2001.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol