Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 5 de xuño de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle para o sinalamento de aliñacións, rasantes e ordenación de volumes do Z-8 do Plan parcial SAU-3 de Rianxiño-Rianxo, solicitado por Juan García Domínguez.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo. Previa e potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da devandita publicación.

Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2º do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Rianxo, 19 de outubro de 2001.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde