Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 2 de outubro actual, acordou prestar aprobación inicial ó proxecto de urbanización da rúa de nova apertura (prolongación da rúa Poetas Galegos), esquina á rúa Constitución e do entrocamento de ambas rúas, na vila de Sanxenxo, redactado polo arquitecto Alfredo Díaz Grande.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser examinado polos interesados e, de se-lo caso, presenta-las alegacións procedentes.

Sanxenxo, 17 de outubro de 2001.

Telmo Martín González

Alcalde