Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 16 de outubro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, resolucións dos expedientes de desafiuzamento por non ocupación, derivados de regularización (expediente 1/2001 e cinco máis).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo sinalado no anexo, as resolucións de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas por non destinalas a domicilio habitual e permanente, rematando así os expedientes de desafiuzamento ó amparo do disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro e no artigo 138.6º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Pública e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 16 de outubro de 2001.

A Coruña, 16 de outubro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 1/2001.

Expedientado: Josefa Vázquez Ramos e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Fernando VI, bloque 2, P-2, 4º D (Ferrol).

(Expte. C-81/050, conta 92).

Nº expediente de desafiuzamento: 5/2001.

Expedientado: José Guerra Blanco e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Barrio de las Flores, bloque 34, P-11, 2º dta. (A Coruña).

(Expte. C-136-CD/63, conta 906).

Nº expediente de desafiuzamento: 6/2001.

Expedientado: José Martínez García e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Barrio de las Flores, r/ Pensamientos nº 14, 6º dta. (A Coruña).

(Expte. C-136-CD/63, conta 1384).

Nº expediente de desafiuzamento: 7/2001.

Expedientado: Francisca Trillo Barbeito e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Barrio de las Flores, r/ Azahar, bloque 48, P-4, baixo D (A Coruña).

(Expte. C-136-CD/63, conta 1566).

Nº expediente de desafiuzamento: 9/2001.

Expedientado: Mª Antonia González Ameneiro e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Fernando VI, bloque 2, P-1, 1º A, polígono de Esteiro (Ferrol).

(Expte. C-81/050, conta 49).

Nº expediente de desafiuzamento: 11/2001.

Expedientado: Ramona López Pena e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Fernando VI, bloque 2, P-2, 2º D, polígono de Esteiro (Ferrol).

(Expte. C-81/050, conta 84).