Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 16 de outubro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, propostas de resolución dos expedientes administrativos de desafiuzamento por ocupación sen título (expedientes 13/2000 e 20/2001).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cós datos e últimos domicilios coñecidos sinalado no anexo, as propostas de resolución de desafiuzamento acordadas pola instructora dos expedientes do IGVS da Coruña por ocupación sen título legal para iso, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artígo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 16 de outubro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 13/2000.

Expedientado: Mª José Blanco Cristóbal e Luis Mestre González.

Último domicilio coñecido: r/ Fernando VI, bloque 2, P-1, 7º D (Ferrol).

(Expediente C-81/050, conta 76).

Nº de expediente de desafiuzamento: 20/2001.

Expedientado: Mª Teresa Martínez Vázquez.

Último domicilio coñecido: polígono de Esteiro, P-A, 1º A (Ferrol).

(Expediente C-85/150, conta 1).