Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 1 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación dos expedientes sancionadores OU-110/2001P e OU-121/2001P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 1 de outubro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-110/2001P.

Denunciado: Miguel Gil Balbuena.

NIF: 34922092.

Último enderezo coñecido: San Lázaro, Ribadavia (Ourense).

Feito denunciado: pescar sen licencia, en luns, día inhábil para a pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: multa de 50.001 pesetas, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

Instructora: Miriam Areal López.

Expediente: OU-121/2001P.

Denunciado: Eduardo López Fernández.

NIF: 44474120.

Último enderezo coñecido: Laxa, 11, Puxín (Ourense).

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: multa de 50.001 pesetas, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

Instructora: Miriam Areal López.

Comisos: unha cana marca Evia Smity, modelo SM-1802, e un carrete marca Delta, modelo EX 40.

Destino: Servicio de Medio Ambiente Natural.