Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 9 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución recaída no expediente administrativo sancionador 5.8/1991, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e na Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, na súa condición de promotora, a resolución do delegado desta consellería en Pontevedra, recaída no expediente administrativo sancionador, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, (no sucesivo L.C.) e ó seu Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado por R.D. 1471/1989, do 1 de decembro, e modificado polos RR.DD. 1112/1992, do 18 de setembro e 1771/1994, do 5 de agosto (en diante R.C.).

Contra esta resolución pódese interpoñer, segundo o artigo 114 e seguintes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes,

contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 9 de outubro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 5.8/1991.

Denunciada: Mª Cruz Nogueira Soto.

Condición: promotora.

Último enderezo coñecido: r/ Rosalía de Castro, edif. Playamar, nº 28-5º F, Vilagarcía de Arousa.

Data da resolución: 26-9-2001.

Feitos: construcción dun galpón de bloques e dunha plataforma de formigón.

Lugar: Punta Arruda.

Concello: A Illa de Arousa.

Preceptos infrinxidos: artigos 25.2º e 26.1º da L.C. e artigos 44.3º, 46.1º e 48.1º do R.C.

Preceptos sancionadores: artigos 90 c), 91.2º e), 92 e 95.1º da L.C. e artigos 174 c), 175.2º e), 176.1º e 179.1º do R.C.

Cualificación da infracción: grave.

Resolución: ordenar a Mª Cruz Nogueira Soto que volva os terreos nos que se executaron as obras obxecto deste expediente ó seu primitivo estado, no prazo dun mes, desde que sexa firme, en vía admi

nistrativa, a resolución que sobre o particular recaia. Transcorrido o prazo sen se cumpri-lo ordenado, procederase á execución subsidiaria pola Administración á custa da obrigada.