Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

EDICTO de pagamento de depósitos e indemnizacións 2ª fase do saneamento integral de Carnota.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este concello resolveu proceder a efectua-lo pagamento dos depósitos previos e indemnizaciones por rápida ocupación, correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para o termo municipal con motivo das obras do proxecto de saneamento integral de Carnota 2, o cal terá lugar:

Datas: 10, 11, 12 de decembro de 2001.

Hora: de 9 a 14 horas.

Data 10-12-2001: de Alvela Goyanes e Formoso Lago, Marcelino.

Data 11-12-2001: de Formoso Louro, María a Piñeiro Rama, Ramón.

Data 12-12-2001: de Portela Caamaño, Manuel a Vázquez Tajes, Manuela e veciños de Lira.

Os propietarios dos predios relacioandos na exposición feita no taboleiro de anuncios do concello. O pagamento efectuarase na Casa do Concello de Carnota o tesoureiro do concello.

O que se fai público para xeral coñecemento, advertindo ós interesados de que o pagamento se fará precisamente ós que figuren como donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, non admitíndose representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral ou especial para este caso, e que deberán identificarse co DNI ou,

no seu defecto, por coñecemento directo que testifique o alcalde.

Carnota, 8 de outubro de 2001.

O alcalde en funcións

Rubricado