Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.929

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (4954/2001).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador José Antonio Castro Bugallo, en nome e representación de Cándido Sánchez Pereira e Eduardo Martín Beñoña Otero, contra resolución do Concello da Coruña número 3468/2001, do 25-6-2001, pola que se acordou aprobar inicialmente os estatutos da entidade urbanística de conservación para o SUNP B-21 (Icaria 2), no Pazo do Río-Liáns (Diario Oficial de Galicia nº 160, do 20-8-2001).

Recurso número: 02/0004954/2001.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 19 de outubro de 2001.

Isabel Freire Corzo

Secretaria