Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 20 de novembro de 2001 Páx. 14.929

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (276/2001).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 276/2001, por instancia de María Rosario Sánchez Serrano contra a empresa Bupan 2000, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 22-10-2001 que, copiada os particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por María Rosario Sánchez Serrano contra a empresa Bupan 2000, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 200.176 pesetas por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselle esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación os autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Bupan 2000, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, o 22 de outubro de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado