Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE TURÍSTICA DOS CONCELLOS DO CARBALLIÑO, RIBADAVIA, BOBORÁS E LEIRO

EDICTO.

No BOP de Ourense nº 258, do 9 de novembro de 2001, publícase edicto desta Mncomunidade polo que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia,para a adxudicación mediante contrato de consultoría e asistencia técnica da xerencia do Plan de dinamización turística do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro.

O prazo de presentación de ofertas será de trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

O prego de condicións, demais documentación e información poderán obterse tódolos días hábiles, das 9 ás 14 horas, na Secretaría da Mancomunidade Turística dos Concellos do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro, sita na rúa Gabino Bugallal, nº 39 (32420), Leiro, Ourense. Telefono: 988 48 80 00/ 988 48 80 83.

Leiro, 12 de novembro de 2001.

Francisco J. Fernández Pérez

Presidente da Mancomunidade Turística

dos Concellos do Carballiño, Ribadavia,

Boborás e Leiro