Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.854

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 20 de marzo de 2001, da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona, de citación para notificación por comparecencia (01.2.1.11.007).

De conformidade co disposto no artigo 105.6 da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31 de decembro), o xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Fai saber que ó non ter sido posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realizárlle-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e tentadas aquelas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítanse os citados interesados, especificados na dita relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na Unidade de

Recadación para Débedas de Menor Contía da Dependencia Provincial de Recadación da AEAT de Barcelona, situada en Passeig de Josep Carner, 33 planta baixa, de Barcelona para poderen ser notificados regulamentariamente.

En caso de non compareceren no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.

Barcelona, 20 de marzo de 2001.

J. Ignacio Mora Artiga

Xefe da Dependencia Provincial de Recadación

ANEXO

Nome: Fernández Rodríguez, Carlos.

NIF: 76567928P.

Procedemento: inicio de procedemento de constrinximento.

Referencia: C1100000270124074.

Unidade: Unidade Rec. Menor Contía.

Lugar de comparecencia: PS Josep Carner 33, planta baixa, Barcelona.