Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 8 de outubro de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle dunha parcela situada en Son de Abaixo, promovido por Construcciones y Promociones POMCAR, S.L.

Na mesma sesión, a Comisión de Goberno aprobou inicialmente a delimitación dunha parcela situada en Son de Abaixo, fixando como sistema de actuación o de compensación de propietario único, promovida por Construcciones y Promociones POMCAR, S.L.

O ámbito do estudio de detalle aparece integrado por unha parcela de 3.480 m de extensión superficial, que forma parte da número 1275 da concentración parcelaria de San Miguel dos Agros (referencia catastral 842311NH3582C), situada na marxe leste da estrada de Santiago de Compostela a Chaián, identificada no PXOU como vía R-5 (O Meixonfrío-Sar de Abaixo-Marzo de Abaixo), de titularidade municipal.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 44.3º e 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-los expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo