Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO da aprobación parcial de expediente de modificación puntual de normas subsidiarias, relativa a sectores de solo apto para urbanizar, SAUR-3.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria do 25 de setembro de 2001, co quórum da maioría absoluta legal, acordou aprobar definitivamente o expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Oroso relativa a sectores de solo apto para ubanizar, SAUR-3.

En cumprimento do disposto polo artigo 48 da Lei do solo de Galicia, publicouse o texto íntegro da normativa urbanística do proxecto definitivamente aprobado, no BOP nº 241, do 20 de outubro de 2001.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interponerse recurso potestativo de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Oroso, 22 de outubro de 2001.

Eugenio Neira García

Alcalde