Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

APROBACIÓN definitiva do proxecto de urbanización do parque empresarial de Sigüeiro.

O alcalde-presidente, por Decreto do 8 de outubro de 2001, acordou aprobar definitivamente o instrumento urbanístico denominado proxecto de urbanización do parque empresarial de Sigüeiro.

En cumprimento do disposto polo artigo 48 da Lei do solo de Galicia, publicouse o texto íntegro da normativa urbanística do proxecto definitivamente aprobado no BOP nº 241, do 20 de outubro de 2001.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fín á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o alcalde-presidente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contecioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba

entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Todo isto de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e os artigos 8 e 46

da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, se prexuízo de calquera outro recurso que en dereito se considere oportuno.

Oroso, 22 de outubro de 2001.

Eugenio Neira García

Alcalde