Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de

réxime local e disposicións concordantes, faise público que a Alcaldía deste concello, por Decreto do 7 de novembro de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de estatutos da xunta de compensación e bases de actuación referentes ó Plan parcial residencial de baixa intensidade SUB-SI, en Santa Isabel, promovido por José María Castro Vázquez e aprobado definitivamente polo Pleno do concello con data do 28 de xuño pasado.

Contra o dito acordo, definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte ó da súa publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Outeiro de Rei, 8 de novembro de 2001.

José Pardo Lombao

Alcalde