Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

EDICTO do 22 de outubro de 2001 polo que se anuncia o sometemento ó trámite de información pública das aprobacións iniciais das modificacións puntuais número tres (Vivendas Sociais A Campana) e a número cuatro, (apertura rúa de Inguieiros), do Plan Xeral de Ordenación Urbana.

Aprobadas inicialmente polo Pleno do Concello da Guarda, en sesión extraordinaria do día 15 de outubro de 2001, as modificacións puntuais nº 3 e nº 4 do PXOU, sométese a información pública mediante anuncio no DOG, nun diario dos de maior difusión desta provincia e no taboleiro de edictos do concello, durante o prazo dun mes, que comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

Durante este prazo poderá ser examinado nas dependencias de secretaría deste concello, en horas de oficina e formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

A Guarda, 22 de outubro de 2001.

José Luis Alonso Riego

Alcalde