Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 23 de outubro de 2001, acordou:

1. Inicia-lo procedemento para a delimitación dun polígono de actuación na área de reparto 25 (AR-25) do PXOM de Lalín; o polígono en cuestión abrangue a totalidade dos terreos incluídos na AR-25, de conformidad co proxecto de delimitación elaborado polo asesor urbanísmo do concello, Javier Bugallo Thielen, con data do 25-9-2001.

2. Inicia-lo procedemento para a determinación do sistema de actuación que se vai aplicar no polígono que se delimita segundo o establecido no punto anterior.

De conformidade co establecido nos artigos 87, 89, 102, 120, 121 e 124 a 126 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e concordantes do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, e sen prexuízo da notificación persoal ós interesados, ponse de manifesto o expeidente ó público na secretaría do concello e polo prazo de 20 días.

Lalín, 7 de novembro de 2001.

José Crespo Iglesias

Alcalde