Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-9/2001).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 10 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado por Loufre Inversiones, S.L., para ordenación de volumes no polígono POL F12-01 Lugar de Someso II.

Segundo.-Proceder á publicación do presente acordo no DOG e BOP.

Terceiro.-Noficar ó interesado.

Cuarto.-Contra o anterior acordo cabe interponer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de

Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación, ou de se-lo caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes.

Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte á notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Quinto.-Comunicar ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e de dous exemplares do documento en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG.

O que se publica para xeal coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 15 de outubro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo