Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de outubro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se publica a resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido, por renuncia de José Ángel Luaces Díaz en representación dos herdeiros do titular daquel Constantino Luaces Luaces (expediente C-2-CD/68, conta 1152).

Visto o expediente correspondente á vivenda 1152, construída ó amparo do expediente C2-CD/68.

Resultando que con data 22 de febreiro de 1974 foi outorgado contrato de acceso diferido sobre a citada vivenda a favor de Constantino Luaces Luaces.

Resultando que con data 2-10-2001 comparece perante funcionario José Ángel Luaces Díaz con DNI 32.675.253, en nombre dos herdeiros daquel para facer entrega das chaves da vivenda.

Considerando que o Instituto Galego da Vivenda e Solo é, según a Lei 3/1998, do 27 de abril, un organismo autónomo de carácter comercial e financeiro, adscrito á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con plena capacidade de obrar no ámbito do dereito público e privado, establecendo no artigo 4 como función propia, entre outras, a administración, xestión, conservación e disposición das vivendas do seu patrimonio.

Considerando que o Decreto 70/1997, polo que se establece a estructura orgánica do IGVS, no seu artigo 17, atribúelles ós delegados provinciais a competencia para a sinatura dos contratos e outra documentación relativa á adxudicación de vivendas e locales.

Considerando que a entrega das chaves por parte de José Ángel Luaces Díaz, supón a renuncia a tódolos dereitos que puidera exercer sobre a vivenda así como a petición de resolución do contrato subscrito por Constantino Luaces Luaces.

Vistos os preceptos legais citados, a lexislación de vivendas de protección oficial e demais normas de xeral aplicación,

RESOLVO:

Acepta-la renuncia formulada e, en consecuencia, acorda-la resolución de pleno dereito do contrato de acceso diferido outorgado sobre a vivenda identificada como expte. C-2-CD/68, conta 1152, sita no polígono de Caranza, Ferrol, r/ Cádiz, bloque 16, P-6, 6º D.

Contra a presente resolución que non esgota a vía administrativa poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 22 de outubro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña