Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 16 de outubro de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica resolución de contrato por renuncia de Revertina Giráldez Paredes.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ós herdeiros de Revertina Giráldez Paredes, resolución de contrato, dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data

do 3 de outubro de 2001, ó abeiro do disposto no Decreto 70/1997, do 14 de marzo, de estructura orgánica do IGVS (modificado polo Decreto 258/1999, do 17 de setembro), que literalmente dí:

«Vistas as actuacións practicadas en relación coa adxudicataria, en réxime de compravenda, dona Revertina Giráldez Paredes, tendo en conta os seguintes

Feitos.

1º Que segundo carta de adxudicación do día 21 de novembro de 1985, a Comisión Provincial de Vivenda adxudicoulle, en réxime de compravenda, a Revertina Giráldez Paredes, a vivenda de promoción pública, situada no polígono de Torneiros, 3ª fase, bloque 23, portal 2, piso 1º B, no concello do Porriño, do expediente PO-83/490, conta 88.

2º Con data do 23-6-1998, presentouse nesta área provincial, a nome de Antonio Crespo Pereira, solicitude de regularización de ocupantes, ó abeiro do Decreto 123/98, do 16 de abril.

3º Con data do día 16 de maio de 1986, Revertina Giráldez Paredes presentou a súa renuncia á devandita vivenda, por motivos de saúde.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para resolve-lo presente procedemento o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en virtude do disposto no Decreto 70/1997, do 14 de marzo, de estructura orgnánica do IGVS (modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro).

2. Os feitos expostos constitúen causa legal suficiente para a resolución, por extinción do contrato de compravenda, de acordo co artigo 16 da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos e o artigo 59 do Decreto 4104/1964, polo que se aproba o texto refundido da Lei de arrendamentos urbanos.

3. Na tramitación deste expediente observáronse as normas vixentes contidas no Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Declara-la extinción do contrato de compravenda, por renuncia da súa titular, sen prexuízo da liquidación que proceda, coa recuperación da posesión da vivenda.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, de conformidade co previsto no artigo 114 da Lei

30/1992, do 26 de novembro e modificacións introducidas pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 3 de outubro de 2001. José Manuel Iglesias Carrera. Delegado provincial de Pontevedra.».

Expido, asino e sello esta cédula en Pontevedra o 16 de outubro de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe de Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente administrativo: PO-83/490.

Nome: Revertina Giráldez Paredes.

Enderezo: Torneiros, 3ª fase, bloque 23, portal 2, piso 1º B.

Concello: O Porriño.