Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/129-2, 5703 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Cancillós, A Veiga do Seixo.

Situación: Cervantes.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 1,564 km con orixe na L.M.T. a C.T. Vilanova do Pedregal conductor tipo LA-56 e final no C.T. A Veiga do Seixo. C.T. intemperie con potencia de 50 kVA e relación de transformación de 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con lonxitude de 1,975 km con orixen no C.T.A. proxectado da Veiga do Seixo conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 2 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo