Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/340).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV alimentación sub. de Eirís.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: obxecto: alimenta-la subestación de Eirís con dúas liñas a 66 kV denominadas Sabón-Eirís 1 e Mesón-Eirís 2 modificando as actuais liñas existentes tal como se describe a continuación:

Liña Sabón-Eirís 1, con orixe na liña A Grela-Sabón, apoio 3 bis (expediente 10167) e final na liña A Grela-Eirís-Fertiberia, apoio 2 bis (expediente 29143).

Liña Mesón-Eirís 2, con orixe na liña A Grela-Mesón, apoio 301 bis (expediente 27570) e final na liña A Grela-Eirís-Fertiberia, apoio 2 bis (expediente 29143).

Liña subterránea dobre circuíto con orixe no apoio nº 7 bis da liña A Grela-Eirís-Fertiberia (expediente 29143) e final no apoio nº 1 de Eirís con tramo aéreo á subestación de Eirís.

Liña subterránea simple circuíto con orixe no apoio nº 4 bis da liña A Grela-Eirís (expediente 29143) e final no apoio nº 8 bis da mentada liña. Liña subterránea desde o apoio nº 3 desta liña ata a subestación de Eirís.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 3 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña