Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se realiza a publicidade do acordo do 27 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para aproveitamento de recursos da sección A) da vixente Lei de minas, denominado Estefanía.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo

RESOLVE:

Dar publicidade mediante a presente publicación, ó acordo do 27 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para extracción de rocha calcaria do aproveitamento de recursos da sección A) da vixente Lei de minas, denominado Estefanía, sita en terreos do concello de Baralla, provincia de Lugo, promovido por Excansa.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 12 ha, no monte das Labradas pertencente ás parroquias de Pol e Vilameixe, do concello de Baralla, da cal a designación puntual en coordenadas UTM sería x= 643.100, y= 4.746.990, aproximadamente. Foi incorporada ó expediente do citado aproveitamento e encóntrase ó dispor de calquera interesado nesta delegación provincial.

Lugo, 3 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo